Lectura-Velocidade lectora
OLAAAAAA:
Como sabedes a velocidade é unha das características principais da lectura, por iso, se vos parece, sería interesante practicar un pouquiño.
Xa nas aulas cos vosos titores e titoras estivestes practicando este trimestre, agora tócavos facelo a vós sós dunha maneira moi sinxela. Veredes:
1º PRACTICAMOS
1º PRACTICAMOS
.- Lendo diariamente en voz alta durante uns dez minutos, polo menos.
.- Realizando exercicios coa vista, colledes un texto e
· Ledes de enriba abaixo da maneira máis rápida que poidades:
As últimas palabras de cada renglón.
As palabras do medio de cada renglón.
· Lendo renglón por renglón:
A primeira e a última palabra o máis rápido posible.
As primeiras palabras de cada renglón.
A primeira, a do medio e a final.
2º COMPROBAMOS:
2º COMPROBAMOS:
Para comprobar a velocidade lectora actual que temos e a súa evolución posterior:
1º Necesitades a axuda de mamá, papá, un irmán,…
2º Un cronómetro (podedes baixalo no móbil ).
3º Un texto, mellor que non o leras anteriormente.
PREPARADOS:
a) O acompañante pon o cronómetro.
b) Ti comezas a ler.
c) Pasa un minuto.
d) Para o cronómetro.
e) Sinalas onde quedaches.
f) Contas as palabras lidas e…. XA ESTÁ.
g) Anotas. ÓNDE?
Podes facer un cadro coma éste ou máis chulo, como soamente sabes facelo ti, con adornos mil. Podedes comprobala cada dez ou quince días:
MES - DÍA
PALABRAS/MINUTO
MES - DÍA
|
PALABRAS/MINUTO
|
3º COMPARAMOS:
PARA SABER DE FORMA APROXIMADA CÁL DEBE SER A VELOCIDADE A QUÉ DEBEMOS CHEGAR, GUÍATE POR ESTE CADRO:
CURSO:
PALABRAS POR MINUTO:
Final de 2º de EP
70
Final de 3º de EP
80
Final de 4º de EP
90
Final de 5º de EP
100
Final de 6º de EP
110
PEQUENOS TRUCOS:
CURSO:
|
PALABRAS POR MINUTO:
|
Final de 2º de EP
|
70
|
Final de 3º de EP
|
80
|
Final de 4º de EP
|
90
|
Final de 5º de EP
|
100
|
Final de 6º de EP
|
110
|
- Se estás acostumado/a a guiarte cun dedo na lectura non o fagas pola parte superior do renglón, senón pola inferior.
POR QUÉ ? Porque se tapamos a parte superior das letras somos incapaces de descifrar o que estamos lendo.
Compróbao tapando unha vez a parte inferior das letras e outra a superior cunha tarxeta, a ver qué pasa! .....
- Se ti es maior convén que este costume de guiarte co dedo o vaias empregando cada vez menos.
- Respiración: Recorda que para comezar a ler tés que facer unha inspiración profunda polo naríz e ir soltando o aire a medida que vas articulando as palabras ata chegar o punto final da frase.
ANIMÁDEVOS A FACELO!!!!!!
OS CAMBIOS VENSE PRONTO
QUÉ PODEMOS APRENDER'?
- A cociñar.
- A limpar.
- A coidar as plantas.
- A cantar cancións.
- A recitar poemas aos avós e aos irmáns máis pequenos.
-A coidar as mascotas.
- A facer manualidades.
- A aprender xogos de mesa
- A desenvolver a imaxinación.
- A ser máis responsables.
- A ser boas persoas.
- A estar xuntos.